Nestas datas de moitos agasallos, os xogos e os xoguetes son protagonistas das vidas das nosas nenas edos nosos nenos. Dende un punto de vista coeducativo, o tempo de xogo é fundamental para afondar na deconstrución dos roles e dos estereotipos de xénero. Permitirlles explorar a diversidade, a variedade, as emocións e as moitas experiencias que como seres completos poden desenvolver é fundamental para educar ás nosas nenas e nenos. Como nais, pais e educadoras (tanto no espazo familiar como no centro de ensino) é a nosa responsabilidade ofrecer e coidar estes espazos lúdicos para que sexan parte da aprendizaxe de valores en positivo.
A nosa achega deste curso: aquí deixamosvos un díptico realizado dende a equipa de Biblioteca, e a colaboración da Comisión de Xénero, dirixido á Comunidade Educativa do noso CEIP Apóstolo Santiago cun decálogo para que poidamos valorar a carga de xénero que estamos transmitindo e poder decidir e elixir dende o coñecemento.
No xogo conta coa igualdade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario