martes, 12 de marzo de 2019

8M Folga Feminista

Orgullosas da nosa Comunidade Educativa, sempre presentes para reivindicar no 8M que #XuntasSomosMaisFortes

Mulleres e nenas do noso cole, e algúns compañeiros, participamos activamente na Treboada Feminista do 8M dende a rotonda dos Concheiros. Coa cacharrada ruidosa baixamos dende o cole ate o punto de encontro onde fixemos visible a nosa presenza con cánticos e moito, moito, moito ruido! As nenas somos o presente e temos moito que dicir!
Entre todas facemos un mundo mellor

#RevoltaFeminista
#PedagoxíaFeminista
#Feminismonoscoles







mércores, 6 de marzo de 2019

Pechamos por Folga Feminista. 8M 2019


Folga Feminista. Convocatoria á participación


A Comisión de Xénero e Igualdade convoca a todas as mulleres e nenas da nosa Comunidade Educativa a secundar e participar activamente na Folga Feminista deste 8M: Día Internacional Das Mulleres
Ao igual que o pasado 2018 queremos facer visible a nosa presencia nas accións que se van desenvolver en Compostela ao longo desta xornada reivindicativa, xuntándonos ás 10.30h da mañá do dia 8M na porta do noso cole para baixar ate a rúa dos Concheiros(rotonda) e sumarnos á Treboada Feminista que terá lugar dende as 11.30h cara a rúa da Senra. 

Importante vir con cacharrada para facer moito, moito ruído.
Non esquezades as cores violetas!!! E sobre todo moitas ganas de celebrar que #XuntasSomosMaisFortes






 Para mais información consulta a we de Galegas8M







Apoiamos a Folga Feminista !!!




#XuntasSomosMaisFortes

sábado, 24 de novembro de 2018

25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da Violencia Machista

Queremos que a nosa comunidade sexa un Espazo Libre de Violencias Machistas e por iso

fomentamos unha educación en igualdade, baseada no bo trato e as relacións saudables entre todas e todos.
Todas somos parte do proceso transformador.
Súmate áo Bo Trato
 #ninunhamenos
#ninunhamais
#feminismoparavivir




xoves, 22 de novembro de 2018

25N

Este venres 23 de Novembro dende a Comisión de Xénero e Igualdade convocamos á Comunidade Educativa a xuntarnos na porta do centro ás 9.00h  Contra as Violencias Machistas.
#ninunhamenos
#ninunhamais
#vivasnosqueremos