martes, 28 de novembro de 2017

25 Novembro. Nada que celebrar e moito polo que continuar traballando


"Todo acto de Violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña, ou poida ter como resultado, un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, incluídas as ameazas deses actos, a coacción, ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se está producida na vida pública ou privada"
Declaración sobre a eliminación da violencia
 contra a muller. (Resolución da Asemblea Xeral 48/104 do 20 de Decembro de 1993)


Un ano máis a Comunidade Educativa do CEIP Apóstolo Santiago pon de manifesto a súa repulsa e o seu compromiso coa igualdade e contra a Violencia de Xénero.
Alumnas e alumnos, nais e pais, profesoras e profesores participaron en diferentes actos para visibilizar o rexeitamento da violencia contra as mulleres.
Este curso, participamos na Campaña En Negro contra as Violencias.

Aquí tedes algunhas imaxes da xornada.








Máis textos e imaxes da xornada no Blogue do Proxecto Piteas do noso Centro


Ningún comentario:

Publicar un comentario