venres, 3 de marzo de 2017

Quero Ser Como Vero Boquete. A Visita de Vero ao Cole


O Pasado 20 de Decembro e logo de ter traballado diferentes proxectos nas aulas sobre as mulleres no deporte e a figura da nosa protagonista, recibimos a visita de Vero Boquete no centro


O noso cole encheuse das cores da súa vida a través dos ollos do noso alumnado


Vero, compartiu coa cativada de infantil unha pachanga futbolera que foi a delicia de todas.




 As nenas e nenos dos ciclos de primaria disfrutaron, no noso Salón de Actos, dunha presentación e un faladoiro coa futbolista cargado de sensibilidade, afectos, profesionalidade e reivindicación.




 

Unha experiencia que sen dúbida serviu para reflexionar un pouco mais sobre isto das desigualdade de xénero e como traballar a prol da igualdade entre todas.

Grazas Vero Boquete!!!





 Enlace relacionado: Secretaría Xeral de Igualdade









Ningún comentario:

Publicar un comentario