domingo, 26 de marzo de 2017

María Miramontes. Activista social e política galega


María Miramontes 1895-1964



"Nascida em Guísamo em 1895, foi para a Corunha com a famila e começou a trabalhar de costureira, participando do ambiente galeguista e republicano. Entrou para a Irmandade da Fala Corunhesa em 1981 como vogal da Junta Directiva. Casou com Ángelo Casal en 1920 e partilhou com ele a tarefa de editor. Durante a dictadura primoriverista a sua casa na Rua Real foi ao tempo sede das Irmandades da Fala, local do obradoiro de impressom e local das Escolas de Ensino Galego.

Em 1931 muda-se para Compostea e continua o seu traballho de modista para além das tarefas militantes. Com a instauraçom da república, filia-se ao Partido Galeguista e colabora como a campanha polo estaturo. Após o golpe fascista e o assasinato do seu homem, parte para Buenos Aires, onde se instala na casa dunhs familiares e continua como o seu oficio. Mantén relaçom com compatriotras exiliados como Maruja e Luis Seoane. Morreu en 1964 no sanatório do Centro Galego"

Fonte: Comissom de História da Gentalha do Pichel. Santiago de Compostela 


 . . .

María Dolores Miramontes Mato (Santa María de Guísamo, A Coruña, 1895 - Buenos Aires, 1964)

Trásladouse á Coruña coa familia e entrou a traballar nun obradoiro de costura, oficio a que se dedicou no futuro, ao tempo que se intereous pola suá fomación. Nas primeiras décadas do XX, participou do ambiente sociocultural coruñés, onde se movían mulleres coas que mantivo relación e que foron mais tarde figuras destacadas do galeguismo e do republicanismo, nomeadamente Elvira Bao e Amparo López Jean. 

Coa creación da Irmandade da Fala Coruñesa en 1917, pasou a formar parte dela e en 1918 integraba a Xunta Directiva en calidade de Vogal. 

Tiña formación política e compromiso social, antes do seu matrimonio con Ánxel Casal, celebrado en setembro de 1920 e, a partir desta unión, houbo enre a parella unha total identificación no terreo político, social e laboral.

Co editor compartillou traballo, primeiro na Coruña como comerciante de tecidos, e, posteriormente, como editora, ao tempo que seguía coa súa profesión de modista.

Nos anos da dictadura promorriverista seguiu coa súa actividade incensante e a súa casa da rúa Real, 36, 1º foi á vez sede das Irmandades, Local do Obradoiro de Impresión, e local das "Escolas de Insiño Galego" - que dirixiron e sustentaron coa axuda doutras personalidades do nacionalismo-. 


Nas empresas que acometeu Casal, Lar con Leandro Carré e Nós en solitario, María Miramontes apoiou as iniciativas con cartos e esforzo persoal. En 1931 produciuse o traslado do matrimonio a Santiago, onde el continuou coa imprenta e editora -primeiro na Rúa das Hortas e despois na Rúa do Vilar - e ela co traballo de modista. 

Esta etapa coincidiu co advenimento da República, o ingreso da parella no Partido Galeguista, a chegada de Casal á alcaldía de Compostela en 1936 e a campaña para a defensa do Estatuto, en que María Miramontes colaborou activamente. Co levantamento militar e o asasinato do seu compañeiro en agosto de 1936, comezou para MAría unha vida de traballo e soidade: despois dunha breve estadía na Coruña, marchou a Buenos Aires desde Lisboa en novembro dese ano.

Instalouse en casa duns familiares, retomou o oficio de modista e anos máis tarde casou cun curmán, Pedro Miramontes.

Mantivo relacións con algúns membros da colectiviade galega como Maruxa e Luís Seoane. 
Case trinta anos despois de partir da súa terra, morreu no Sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires.

Fonte: MARCO, Aurora: Dicionario de mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra, 2007



Enlaces de interese







Ningún comentario:

Publicar un comentario