domingo, 22 de xaneiro de 2017

María Wonenburger

María Josefa Wonenburger Planells (Montrove ,Oleiros o 17 de Xullo de 1927- Coruña 14 de Xuño de 2014) foi unha matemática galega, investigadora nos Estados Unidos e Canadá.

Filla de Julio Wonenburger Canosa, descendente dun tataravó alsaciano, e de Amparo Planells, valenciana, realizou os primeiros estudos na Coruña, no Instituto Eusebio da Guarda.

Afeccionouse tanto ao hóckey a patíns ou baloncesto como á música de Bach, ademais de estudar inglés e alemán.

Malía a vontade familiar de que estudase enxeñería para continuar co negocio familiar de fundición que tiña na Coruña, licenciouse en Matemáticas na Universidade Central de Madrid.

Formou parte dos beneficiarios das primeiras bolsas Fullbright (no ano 1953), o que se lle permitiu ir á Universidade de Yale, nos Estados Unidos.



De volta en España traballou como investigadora no CSIC durante tres anos.

En 1960 regresa ao estranxeiro, ao recibir unha bolsa postdoutoral da Queen University. Traballou en Canadá.
En 1966 trasladouse aos Estados Unidos á Universidade de Buffalo, e ao ano seguinte, en 1967 conseguiu praza definitiva como profesora na Universidade de Indiana, onde permaneceu ate 1983.

A pesar da súa importante traxectoria nunca se recoñeceron os seus títulos no Estado Español.



Por enfermidade da súa nai regresou á Coruña no 1983, onde permaneceu en contacto afastado do mundo académico, colaborando con diversas institucións, como por exemplo, AGAPEMA.


Recoñecementos 


  • 2007 a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio María Wonenburger para recoñecemento daquelas mulleres galegas con traxectorias científicas.
  • 2010 Foi investida Doutora Honoris Causa pola Univerdidade da Coruña
  • 2010 O Consello da Cultura Galega lle rende homenaxe nunha xornada adicada ao seu labor
  • Xuño de 2012 foi inaugurada unha zona verde de máis de 10.000 metros cadrados en Montrove, Oleiros co seu nome. A matemática non pudo acudir á inauguración por cuestións de saúde.
  • Outubro de 2014 o Concello da Coruña adicoulleu unha rúa no Polígono da Grela.
  • Xuño de 2015 o Concello da Coruña inaugurou un monumento no parque de Santa Margarida.


 



















- - -

Notas
Premio María Wonenburgen
  • 2007 Inmaculada Paz Andrade, catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago
  • 2008 María Teresa Miras Portugal, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense de Madrid
  • 2009 Marisol Soengas González, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas
  • 2010 Carmen Navarro Fernández-Balbuena, xefa do  servizo de Anatomía Patolóxica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
  • 2011 Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela
  • 2012 María Tarsy Carballas Fernández, edafóloga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas.
  • 2013 María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela
  • 2014 Carmen García Mateo, catedrática de Enxeñaría de Telecomunicacións
  • 2015 Isabel Aguirre de Úrcola, arquitecta
  • 2016 Peregrina Quintela Estevez, catedrática de matemática aplicada da Universidade de Santiago de Compostela

AGAPEMA- Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática 

CSIC- Consello Superior de Investigacións Científicas
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario